Xa en Xanceda coas nosas queridas vacas moooi felices sentámonos para falar con calma destes catro días na Feira de BioCultura e, todas as palabras que nos saen, son boOooísimas. A Feira de BioCultura pecha as súas portas, un ano máis, con fantásticos resultados para Casa Grande de Xanceda.
Un ano máis era unha cita que Casa Grande de Xanceda non se podía perder e as nosas expectativas víronse superadas enormemente. Ao redor de 5000 persoas pasaron pola nosa caseta para ser partícipes da alegría galega e da nosa forma de coidar e protexer as nosas vacas e o medioambiente.
Degustacións de produto que voaban nada máis ver a luz, experiencias con lentes 3D a través das cales trasladamos a miles de persoas aos nosos verdes prados en Xanceda. Estas e outras moitas experiencias, como prácticas de muxido, foron a alma do noso rinconcito de verde en IFEMA.
Pero sen dúbida, a experiencia estrela foi: cruzar o primeiro Paso de Vaca en Madrid. Tras a expectación dos 4 primeiros pasos instalados de forma permanente en Galicia, este era o primeiro que nos levabamos fóra da comunidade e facíanos especial ilusión.
Queres ver un resumo de todo o que se viviu durante a Feira de BioCultura de 2019 na caseta de Casa Grande de Xanceda? Mira este vídeo!
Xeramos un sorteo para animar á xente para vir e participar e obtivemos moi boa resposta. Agora os gañadores gozarán dun lote de produtos e merchandising da marca, feito, como sempre, con moOooito agarimo.
Destes días na capital traémonos recordos moi bonitos pero, sobre todo, a resposta tan positiva das 5000 persoas que sentiron (e degustaron) un cachito da nosa granxa ecolóxica e quedaron marabillados do paraíso no que vivimos e no que viven as nosas vacas. Por iso queremos dar as grazas a todas as persoas que se achegaron a IFEMA para visitarnos no stand.
Este sitio web utiliza cookies para mejorar su experiencia mientras navega por el sitio web. Fuera de estas cookies, las cookies que se clasifican según sea necesario se almacenan en su navegador, ya que son esenciales para el funcionamiento de las funcionalidades básicas del sitio web. También utilizamos cookies de terceros que nos ayudan a analizar y comprender cómo utiliza este sitio web. Estas cookies se almacenarán en su navegador solo con su consentimiento. También tiene la opción de optar por no recibir estas cookies. Pero la exclusión voluntaria de algunas de estas cookies puede afectar su experiencia de navegación.