Paso de Vaca para reivindicar o noso rural
Niso estabamos a pensar cando se nos ocorreu substituir un paso de peóns por un de vaca. O primeiro Paso de Vaca inaugurouse en Coruña como homenaxe ás vacas, aos gandeiros e como unha reivindicación do noso rural e da importancia de consumir produtos locais para manter as aldeas con vida.
Que é
un Paso de Vaca?
Paso de Vaca é unha iniciativa de compromiso co rural de Casa Grande de Xanceda que persegue un único obxetivo: poñer en valor a importancia que teñen as vacas, os gandeiros e os sectores agrarios que manteñen vivo o rural, como o sector lácteo.
Paso de Vaca é unha proposta para que nas cidades se visibilice o rural nos pasos de peóns. Encántannos as cebras, ¡pero debémoslle moOooito máis ás vacas 😉!. Por iso, a nosa proposta e cambiar as raias das cebras polas manchas típicas das vacas.
5
pasos de vaca
Estamos moOooi contentos de anunciar que xa temos todos estes pasos de vaca pastando por Galicia. O obxetivo é conseguir que haxa un en cada cidade e concello galego. Esperamos contar coa túa axuda para facelo posible.
Últimas noticias de Paso de Vaca
8 Marzo, 2021
Este ano acudir ás manifestacións con motivo do Día da Muller é máis difícil, pero iso non freou ás nosas vacas. Elas gozan da liberdade dos […]
26 Febreiro, 2021
Agora que en Galicia empezaranse a levantar as restricións poderemos aproveitar para volver gozar dos plans ao aire libre cos nosos seres queridos, sempre con responsabilidade […]
1 Febreiro, 2021
Emprender no rural é, a día de hoxe, unha necesidade e unha oportunidade a partes iguais, e querémosvos contar por que. Hai uns meses falabamos sobre […]
30 Decembro, 2020
O 2020 púxonos as cousas complicadas para reivindicar o rural, pero iso non nos quitou as gañas, nin moito menos. No 2020 seguimos defendendo todos eses […]