O pasado martes 3 de setembro de 2019 foi un gran día para as vacas e para o rural galego. Despois de moitos esforzos, traballo en equipo e unha chea de agarimo, é oficial: Galicia xa conta con catro Pasos de Vaca permanentes.
Alí celebrouse un pequeno acto no que participaron os alcaldes dos tres concellos que se sumaron xa á iniciativa: David Barbeira, alcalde de Santa Comba; Juan Blanco, alcalde de Mazaricos e Jose Antonio Pereira, alcalde de A Baña. Mariano Iglesias, alcalde de Mesía, tamén se sumou ao evento en representación do espazo no que se atopa o cuarto Paso de Vaca: na granxa de Casa Grande de Xanceda.
A inauguración tivo lugar na Casa Grande de Xanceda cunha rolda de prensa na que participaron os tres alcaldes e Jessica Rey, responsable de marketing de Casa Grande de Xanceda. Nun ambiente moi agradable, ao sol do espléndido día que facía, púxose en valor o verdadeiro transfondo desta iniciativa. No acto tamén estivo presente Guillermo Martínez, xerente da empresa, que foi o encargado de cortar un lazo simbólico cunha fouce.
É importante lembrar que o movemento Paso de Vaca persegue o obxectivo de reivindicar o rural e todo o que vira ao redor do mesmo: os sectores agrarios, en especial o sector leiteiro; as 8.400 familias que traballan e viven del; os gandeiros e agricultores; o comercio local, cuxa supervivencia periga co despoboamento das aldeas…
Como dicía o alcalde de A Baña “antes en todas as casas de Galicia había unha vaca”. Este animal, ao que tanto lle debemos, estivo presente nas nosas vidas desde moitos anos atrás. Por iso, máis que un animal máis é, para o mundo rural, un elemento cultural máis.
A iniciativa de Paso de Vaca conseguiu facerse un oco na axenda de todos os medios para dedicarlle un par de minutos a falar do rural, que era e é o obxectivo principal de todo o movemento e o que máis feliz podíanos facer.
Antena3 anunciaba que Los primeros Pasos de Vaca permanentes llegan a Galicia con esta noticia, para logo dedicarlle uns minutos no telexornal.
O Faro de Vigo fablaba de que Los Pasos de Vaca se extienden por Galicia mentres que a Televisión Galega dedicábanos unha moOooi bonita reportaxe que nos fixo moita ilusión.
Chegaban as tres da tarde e uns compañeiros de Televisión Española achegábanse á granxa para retransmitir en directo de que se trataba este cambio de pasos de peóns a pasos de vaca. Non é porque sexan nosas pero…a que saíron moi bonitas as vacas de Casa Grande de Xanceda?
Entre noticias, reportaxes e entrevistas sucedíase unha mañá na que, sobre todo, respirábase ilusión. Ademais, tamén se aproveitou para inaugurar a web oficial de pasodevaca.com
Estes foron os tres primeiros concellos en sumarse ao movemento de Paso de Vaca dunha forma permanente. Por que estes tres? Foron escollidos pola súa vinculación co rural: Mazaricos é o concello de Galicia que máis leite produce, Santa Comba o quinto nesta clasificación e A Baña destaca por ser a parroquia con máis vacas por extensión en Galicia.
Non sabes que facer esta fin de semana? Visita los Pasos de Vaca! Porque agora, quédannos pendentes dúas tarefas. A primeira, conseguir que todo o mundo goce da alegría que dá cruzar un Paso de Vaca.
A segunda é que, de momento, sumáronse a esta iniciativa tres concellos: A Baña, Mazaricos e Santa Comba, pero a idea é que todo aquel concello ou cidade que queira unirse a esta reivindicación do rural, únase e súmese a esta bonita homenaxe ás vacas.
Queres un Paso de Vaca no teu concello? Enche o formulario da ligazón e faremos todo o posible para que na túa cidade ou concello haxa un Paso de Vaca e, así conseguir que as vacas se vexan representadas alí tamén.
Vémonos moOooi pronto cruzando novos Pasos de Vaca!
Este sitio web utiliza cookies para mejorar su experiencia mientras navega por el sitio web. Fuera de estas cookies, las cookies que se clasifican según sea necesario se almacenan en su navegador, ya que son esenciales para el funcionamiento de las funcionalidades básicas del sitio web. También utilizamos cookies de terceros que nos ayudan a analizar y comprender cómo utiliza este sitio web. Estas cookies se almacenarán en su navegador solo con su consentimiento. También tiene la opción de optar por no recibir estas cookies. Pero la exclusión voluntaria de algunas de estas cookies puede afectar su experiencia de navegación.
Este sitio web utiliza cookies para mejorar su experiencia mientras navega por el sitio web. Fuera de estas cookies, las cookies que se clasifican según sea necesario se almacenan en su navegador, ya que son esenciales para el funcionamiento de las funcionalidades básicas del sitio web. También utilizamos cookies de terceros que nos ayudan a analizar y comprender cómo utiliza este sitio web. Estas cookies se almacenarán en su navegador solo con su consentimiento. También tiene la opción de optar por no recibir estas cookies. Pero la exclusión voluntaria de algunas de estas cookies puede afectar su experiencia de navegación.