Emprende no rural


Dá o paso, emprende no rural é unha formación, totalmente gratuíta, na que aprender sobre emprendemento con valor engadido no rural. O noso obxectivo é motivar á xuventude a ser emprendedores e demostrar que un futuro no rural é posible, porque co emprendemento no rural gañamos todos! .
Os participantes aprenderán que emprender no rural engadindo valor a un proxecto é posible e que todos somos emprendedores potenciais. Ademais coñeceremos a experiencia de desenvolver un proxecto afincado no rural da man de emprendedores de éxito como Eferro, Naturavia ou Orballo
Con esta iniciativa queremos atopar nos máis novos o futuro do rural de Galicia, que sofre unha drástica situación de despoboamento. Por exemplo en Mesía, o concello onde se sitúa Casa Grande de Xanceda, a poboación baixou un -26% en 20 anos.
Esta formación está destinada a estudantes de FP ou Bacharelato ¡os futuros emprendedores do noso rural!

Solicita unha formación PASO DE VACA:

Intentaremos responder as vosas solicitudes o máis pronto posible. Confirmaremos na nosa axenda se está dispoñible o día que nos indicades e senón facilitarémosvos alternativas. MoOooitas gracias pola comprensión ;)

Os datos persoais facilitados voluntariamente por vostede, a través do presente formulario web serán tratados, por Casa Grande de Xanceda como responsable do tratamento, coa finalidade de atender a súa solicitude, consulta, queixa ou suxerencia, sen que se produza comunicacións ou cesións de datos e conservados durante os prazos necesarios para atender a súa solicitude. Pode vostede exercer os dereitos de acceso, rectificación ou supresión dos seus datos, dirixíndose a info@casagrandedexanceda.com, para máis información respecto diso, pode consultar nosa Política de Privacidade.