Emprender no rural é, a día de hoxe, unha necesidade e unha oportunidade a partes iguais, e querémosvos contar por que.
Hai uns meses falabamos sobre o despoboamento do rural, sobre todo do rural galego. Unha das solucións que propoñiamos era fomentar o emprendemento no rural e hoxe queremos profundar neste tema que tan interesante e necesario parécenos.
Paso de Vaca naceu como unha iniciativa reivindicativa do rural que buscaba informar e divulgar sobre o papel que este ten para Galicia. Entender a súa importancia para a comunidade era o paso previo para valoralo como se merecía.
Co tempo, a iniciativa foi transformándose, gañando forza, pero, sobre todo, adquirindo unha perspectiva moito máis ampla. Xa non só buscaba reivindicar o papel do rural galego, Paso de Vaca empezou a buscar solucións ao problema. Así naceu Dá o Paso, unha iniciativa que quería achegar formación sobre o emprendemento e a experiencia de casos reais de emprendedores de éxito.
Desde Casa Grande de Xanceda e, en especial o proxecto de Paso de Vaca, sempre que podemos buscamos e apoiamos iniciativas de emprendemento no rural. Pronto fará un ano da conferencia “A muller eco-emprendedora no medio rural, cal é o seu papel?”, unha charla na que se falou de emprendemento e da muller pero, sobre todo, do importante que é conseguir que todos eses proxectos, cheos de gañas e ilusión, vexan o rural como o seu ecosistema natural para crecer.
Resulta innegable a necesidade de emprender no rural como solución para frear o despoboamento deste. É importante entender tamén que, non só fai falta que emprendedores e emprendedoras trasladen ao rural os seus proxectos e lévenos a cabo alí, se non que os mozos queiran que os seus proxectos nazan, crezan e se desenvolvan no rural. Que o rural sexa unha parte indispensable dos proxectos, que todo estea vinculado.
Compartimos aquí unha plataforma chamada Ruraltivity que recolle experiencias reais sobre como é emprender no rural. Coñecer a experiencia doutras persoas axuda a detectar cales son os puntos nos que máis atención hai que prestar, erros típicos, consellos e trucos…
A oportunidade hai que buscala, non basta con confiar en que aparecerá. Emprender no rural é unha oportunidade por moitos motivos:
Estes son algúns exemplos, pero convidámosche a que contactes con emprendedores no rural para que che conten a súa propia experiencia. Animámosvos a deixar un comentario, tanto se sodes emprendedores e queredes compartir a vosa experiencia, coma se sodes futuros emprendedores queredes coñecer casos reais ou compartir as vosas inquietudes.
Este sitio web utiliza cookies para mejorar su experiencia mientras navega por el sitio web. Fuera de estas cookies, las cookies que se clasifican según sea necesario se almacenan en su navegador, ya que son esenciales para el funcionamiento de las funcionalidades básicas del sitio web. También utilizamos cookies de terceros que nos ayudan a analizar y comprender cómo utiliza este sitio web. Estas cookies se almacenarán en su navegador solo con su consentimiento. También tiene la opción de optar por no recibir estas cookies. Pero la exclusión voluntaria de algunas de estas cookies puede afectar su experiencia de navegación.