Aquí tedes o noso novo Paso de Vaca, o lugar escollido para esta ocasión: Ferrol. Máis abaixo explicamosvos os motivos desta elección.
Continuamos instalando Paso de Vaca polas cidades de Galicia. A raíz da celebración do Festival das Meninas de Canido, que se celebra todolos anos a principio de septembro, desde Casa Grande de Xanceda, trasladámonos ata Ferrol para trocar un paso de cebra por un de vaca.
Ademais, este ano decidimos participar no festival coa nosa particular versión do cadro de Velázquez, coa colaboración de Nana, unha artistaza de Ordes. Para que fora un mural que nos representase completamente, decidimos que a Infanta Margarita levase un print de vaca e que a outra protagonista da obra fose a nosa influencer Malibú. Velaquí o resultado
A que é realmente incrible? Realizar un mural como este leva mooOooitas horas, ata catro días seguidos. Queres ver o vídeo do proceso? Deixamoche aquí abaixo un enlace para que o visualices
https://youtube.com/shorts/ydXOz1isLSU?feature=share
Pero a inaguración do novo Paso de Vaca non rematou aquí, máis tarde, festexamolo no noso stand, onde celebramos que cada vez había máis Paso de Vacas. É importante dicir que non temos nada contra as cebras, pero en Galicia hay moOoitas máis vacas que cebras, case un millón máis…
Outro dos motivos polos que se escolleu a Canido como zona para o noso séptimo Paso de Vaca, foi que Canido nos últimos anos converteuse nun barrio de referencia para a cidade, a pesar de haber sido unha zona presa da despoboación. Deste xeito, reivindícase a importancia de valorar o propio e identificarse coa terras galegas.
O Paso de Vaca xordeu co obxectivo de ser un símbolo de dignificación e honra para todo o sector agroganadero, no que se valoren de maneira axeitada ás vacas, aos ganadeiros e a venda de productos ecolóxicos e locais, logrando así manter o rural vivo. Galicia é o territorio español que máis leite produce e o décimo a nivel europeo, ademais de que por cada tres galegos hai una vaca nos prados, sobran os motivos para poñer en marcha unha iniciativa como o Paso de Vaca. Isto non para… Seguiremos facendo máis pasos por toda Galicia!
Despois de cruzar este novo Paso de Vaca, unha actividade imprescindible ao visitar o barrio de Canido é realizar a ruta das meninas, coa que aprenderás un poco máis sobre a historia deste gran proxecto, sendo una visita educativa e divertida.
Outra visita que é moi interesante realizar, sería acudir ao estaleiro de Navantia e ao Museo Naval de Ferrol, co fin de entender a importancia da cultura naval para esta ciudade. En relación ao estaleiro e a la base naval, tamén encontramos o Castelo de San Felipe, construcción co obxetivo de defender a cidade. Ao visitar esta gran estructura comprenderás mellor porque Ferrol xamáis foi conquistado navalmente.
E xa sabes, se visitas este novo Paso de Vaca acórdate de compartir unha foto empregando #pasodevaca e mencionándonos nas nosas redes: Facebook e Instagram.
Aínda non hai un Paso de Vaca no teu concello ou parroquia? Xusto estamos falando cos alcaldes e concelleiros para conseguir que haxa un Paso de Vaca en cada recuncho de Galicia. O rural merece ser posto en valor e, especialmente, as persoas que traballan nel. Fai aquí a túa solicitude se ti tamén queres un Paso de Vaca na tu parroquia ou concello.
Este sitio web utiliza cookies para mejorar su experiencia mientras navega por el sitio web. Fuera de estas cookies, las cookies que se clasifican según sea necesario se almacenan en su navegador, ya que son esenciales para el funcionamiento de las funcionalidades básicas del sitio web. También utilizamos cookies de terceros que nos ayudan a analizar y comprender cómo utiliza este sitio web. Estas cookies se almacenarán en su navegador solo con su consentimiento. También tiene la opción de optar por no recibir estas cookies. Pero la exclusión voluntaria de algunas de estas cookies puede afectar su experiencia de navegación.
Este sitio web utiliza cookies para mejorar su experiencia mientras navega por el sitio web. Fuera de estas cookies, las cookies que se clasifican según sea necesario se almacenan en su navegador, ya que son esenciales para el funcionamiento de las funcionalidades básicas del sitio web. También utilizamos cookies de terceros que nos ayudan a analizar y comprender cómo utiliza este sitio web. Estas cookies se almacenarán en su navegador solo con su consentimiento. También tiene la opción de optar por no recibir estas cookies. Pero la exclusión voluntaria de algunas de estas cookies puede afectar su experiencia de navegación.