
Casa Grande de Xanceda daba o pistoletazo de saída aos Vacaxogos o pasado luns 18 de maio. Moitos xa escoitachedes falar deles, pero moitos estaredesvos preguntando, que son Os Vacaxogos?
Os Vacaxogos, o evento deportivo do ano
Os Vacaxogos son o evento deportivo do ano protagonizado polas vacas de Casa Grande de Xanceda. Cando se decataron de que non habería eventos deportivos este ano, decidiron que tiñan que facer algo para remedialo…así naceron Os Vacaxogos!

Ademais, as vacas de Xanceda queren demostrar que elas son moOoooi deportistas, sabíalo? Practican deporte todos os días, porque pastan libremente nos nosos prados 360 días ao ano e levan unha alimentación moOooi saudable, 100% ecolóxica. E, para que poidas levar un estilo de vida tan saudable como o que levan as vacas de Xanceda, están a regalar unha bici cada día! Entra aquí para participar no sorteo da bici diaria.
Durante varias semanas as vacas de Xanceda participarán en divertidas competicións que se retransmitirán a través da canle de Youtube de Casa Grande de Xanceda.
Queres saber máis sobre Os Vacaxogos? Atoparás neste vídeo toOoooda a información sobre este evento.
As competicións dos Vacaxogos
As nosas vacas enfrontaranse o vindeiro venres 29 a Pelexa con repolo, unha divertida competición que consiste en ver que vaca dálle máis golpes a un repolo. Cal o conseguirá? Non o perdas este venres nas redes sociais, canle de Youtube e na web de vacajuegos.com
Aquí deixámosche o vídeo das participantes: Ramona ou Marela, quen gañará?
Aínda podes votar pola túa favorita en www.vacajuegos.com/vota/ Se acertas, entrarás no sorteo dunha bici!
Os VacaJuegos na tele
Algúns medios non se quixeron perder ningunha novidade das nosas divertidas competicións. Deixámosvos a continuación un corte dunha das reportaxes que nos fixeron sobre Os Vacaxogos na TVG.
Queres saber máis sobre estes divertidos xogos? Entra na web de vacaxogos e descobre todas as aventuras das nosas vacas deportistas.



