
Despois de visitar o Paso de Vaca de Mazaricos, A Baña e Santa Comba, faltan facer dúas últimas paradas: Arzúa e o da nosa granxa. Hoxe visitaremos o Paso de Vaca de Arzúa e descubriremos que ver e que facer neste bonito concello.
Tamén podes visitar:
Arzúa sitúase como o lugar de Galicia do queixo por excelencia, e non podía ser doutra maneira contando con máis de tres vacas por cada habitante. Hoxe invitámosvos a pasar un día nesta terra e a probar por suposto o seu queixo.

Tal e como se describen a eles mesmos:
- Arzúa é destino verde de Galicia
- Arzúa é paso dos peregrinos
- Arzúa é terra do queixo
Recorda! Medidas de seguridade ante a Covid-19
Agora que estamos dentro da nova normalidade, a prevención é máis importante ca nunca. Así que:
- Usa máscara
- Garda as distancias sempre que poidas
- Evita os espazos reducidos e concurridos
- Se te protexes ti, protéxesnos a todos!
Que ver en Arzúa?
Arzúa é unha terra situada ás beiras do río Tambre e do Ulla, o que fan de Arzúa unha terra con moita presenza da natureza. Por ela pasa unha etapa do Camiño Francés e pasa tamén o Camiño de Santiago que, gracias á rehabilitación desta etapa, conseguiu que o tecido hosteleiro desenvolvérase notablemente.

Agora o Camiño de Santiago é un dos grandes atractivos do concello e tamén o é a área recreativa de Ribadiso, un lugar precioso para pasar un día en familia.

Se algo é típico de Arzúa é o queixo, por algo é coñecida como a terra do queixo. A inauguración do Paso de Vaca de Arzúa foi este ano durante o 45º aniversario da Festa do Queixo. Recordamos esa inauguración dunha forma moi especial pois contamos coa axuda de Benedicta Sánchez, ganañdora do Goya a Actriz Revelación 2020.
Compartimos con vos o pregón deste ano.
Onde está o Paso de Vaca en Arzúa?
O Paso de Vaca de Arzúa atópase xusto no acceso ao recinto feiral onde se celebrou a Festa do Queixo.

Se queres visitar o Paso de Vaca de Arzúa podes consultar a ubicación aquí. Todavía non tes Paso de Vaca no teu concello? Fai aquí a túa solicitude se ti tamén queres un Paso de Vaca na túa parroquia ou concello.



