Xa pasaron uns meses desde a inauguración dos primeiros Pasos de Vaca permanentes en Galicia, pero en Casa Grande de Xanceda aínda nos dura a alegría no corpo.
Por que? Porque ver como hai tanta xente que comparte connosco a importancia e relevancia de poñer en valor a vaca como símbolo galego…é muuUuuy guay! Neste artigo contarémosche que che podes atopar en Mazaricos, onde está o Paso de Vaca para que poidas pasar a visitalo e moOooooito máis.
Agora que estamos dentro da nova normalidade, a prevención é máis importante ca nunca. Así que:
A pregunta está complicada porque Mazaricos é un concello con moito que ver e moito que visitar. Desde o gabinete de comunicación do Concello compártennos este vídeo sobre o turismo en Mazaricos.
Mazaricos é un concello marcado por ruteiros ornitolóxicos, ideais para os amantes das aves, a natureza, a paisaxe galega… En especial, na web de Mazaricos atoparedes un ruteiro en maps con todos os puntos marcados para poder seguila facilmente. Ademais, tamén está subida unha Guía de Aves, ideal tanto para principiantes que se queren iniciar nesta actividade como para profesionais que queren coñecer cales son as aves típicas desta zona.
Para os amantes do deporte hai tamén múltiples opcións: andainas, roteiros BTT, Roteiro dás Feiras Vellas… Un atractivo do concello que reúne unha gran cantidade de participantes na Picota, un percorrido duns 45 quilómetros que che convida a coñecer as mellores paisaxes de Mazaricos.
Un paseo polos arredores do río Xallas é outro plan ideal para pasar a tarde e mesmo facer un picnic. Iso si, lembrade deixalo todo igual ou mellor de como o atopastes.
Tal e como nos conta a web do concello, Mazaricos é “un dos maiores produtos de leite de Galicia.” E, ademais, defenden os costumes, cultura e modo de vida galegos, polo que un Paso de Vaca neste concello era obrigatorio.
A localización exacta do Paso de Vaca de Mazaricos pódela atopar aquí e, se te animas a vir, recomendámosche que che saques unha foto de recordo e súbala ás túas redes sociais para ter un moOoooi bonito recordo. Podes utilizar o hashtag #PasodeVaca e mencionar a @xanceda para que o podamos ver e compartir, encántanos ver como cruzades os Pasos de Vaca!
Nos próximos artigos recomendaremos actividades para facer e sitios para ver do resto de Pasos de Vaca permanentes que hai instalados, para que poidas visitar e gozar de todos.
Aínda non hai un Paso de Vaca no teu concello ou parroquia? Xusto píllasnos falando con alcaldes e concelleiros para conseguir que haxa un Paso de Vaca en cada rinconcito de Galicia. O rural merece ser posto en valor e, sobre todo, as persoas que traballan nel. Fai aquí a túa solicitude se ti tamén queres un Paso de Vaca na túa parroquia ou concello.
Este sitio web utiliza cookies para mejorar su experiencia mientras navega por el sitio web. Fuera de estas cookies, las cookies que se clasifican según sea necesario se almacenan en su navegador, ya que son esenciales para el funcionamiento de las funcionalidades básicas del sitio web. También utilizamos cookies de terceros que nos ayudan a analizar y comprender cómo utiliza este sitio web. Estas cookies se almacenarán en su navegador solo con su consentimiento. También tiene la opción de optar por no recibir estas cookies. Pero la exclusión voluntaria de algunas de estas cookies puede afectar su experiencia de navegación.