Agora que en Galicia empezaranse a levantar as restricións poderemos aproveitar para volver gozar dos plans ao aire libre cos nosos seres queridos, sempre con responsabilidade e seguridade.
Con estes tres puntos gozaremos de plans ao aire libre dunha forma segura para todos.
Facer deporte e plans ao aire libre maximiza as vantaxes sobre a práctica en espazos pechados. Pasear, correr, moverse, realizar deporte en familia, e todo tipo de plans que impliquen movemento físico e distracción mental son beneficiosos para os nosos corpos.
Máis vitalidade, mellor benestar e mellor autoestima son algúns dos efectos positivos que se lle atribúen á práctica de deporte ao aire libre. Ademais, toda actividade que se poida realizar ao aire libre será moito máis segura, en canto a prevención ante a transmisión da Covid-19, que nun espazo pechado.
Que mellor plan para a fin de semana que visitar algún dos Pasos de Vaca que hai en Galicia?
Aquí poderás atopar o mapa dos Pasos de Vaca. Ademais, hai uns meses subimos uns artigos con ideas sobre que facer e que ver nos concellos nos que hai un Paso de Vaca.
Parte do obxectivo dos nosos Pasos de Vaca consiste en favorecer o comercio local, visibilizar o rural e a importancia que este ten para Galicia. Por iso, que os Pasos de Vaca sirvan para atraer á xente aos concellos que apostan pola idea e axudar á súa economía fainos moOoooi felices.
Estes son os artigos onde atoparás ideas e plans moOoooi guays para facer nos concellos:
Paso de Vaca en Mazaricos: que ver e que facer?
Paso de Vaca en Santa Comba: que ver e que facer?
Xa decidiches cal vas visitar esta fin de semana?
Aínda non hai un Paso de Vaca no teu concello ou cidade?
O equipo coordinador dos Pasos de Vaca está a traballar para conseguir novos Pasos de Vaca durante este ano 2021. Ti podes axudarnos a alcanzar os nosos obxectivos, queres saber como?
Paso 1: Completa o formulario ou escríbenos un correo a hola@pasodevaca.com
Por que queres un Paso de Vaca no teu concello ou na túa cidade? Cóntanos por que é necesario, estamos desexando escoitarvos!
Paso 2: Recibiremos o correo e apuntarémosnos o teu concello e os teus motivos.
Paso 3: Contactaremos co concello para trasladarlle as nosa gañas de instalar un Paso de Vaca nel.
Estamos a desexar instalar novos Pasos de Vaca!
Este sitio web utiliza cookies para mejorar su experiencia mientras navega por el sitio web. Fuera de estas cookies, las cookies que se clasifican según sea necesario se almacenan en su navegador, ya que son esenciales para el funcionamiento de las funcionalidades básicas del sitio web. También utilizamos cookies de terceros que nos ayudan a analizar y comprender cómo utiliza este sitio web. Estas cookies se almacenarán en su navegador solo con su consentimiento. También tiene la opción de optar por no recibir estas cookies. Pero la exclusión voluntaria de algunas de estas cookies puede afectar su experiencia de navegación.