Xa chegamos a BioCultura e temos unha misión clara: recoller firmas para conseguir un Paso de Vaca permanente na Coruña.
Queres vivir a experiencia Xanceda sen moverche de ExpoCoruña? Pásache pola nosa caseta para descubrir todas as actividades que temos preparadas para conseguilo.
Como non podía ser doutra maneira, Casa Grande de Xanceda levará un Paso de Vaca á Feira de BioCultura deste ano. ExpoCoruña acollerá durante 3 días un Paso de Vaca que ten varios obxectivos:
Coruña foi a primeira cidade que acolleu esta iniciativa e é, á súa vez, a cidade principal da provincia onde se atopa a marca promotora.
Por estes motivos e pola visibilidade que lle daría Coruña á iniciativa, é necesario conseguir o apoio de todos os veciños e veciñas.
Así é! Poderás vivir unha experiencia Xanceda ao completo sen saír da nosa caseta! Coas lentes 3D trasladarasche aos prados de Xanceda, cheos de vacas moOoooi felices e de pastoreo de verdade.
As prácticas de muxido, que adoitan estar pensadas para os máis pequenos, pero ás que se acaban unindo aventureiros de todas as idades; son ideais para descubrir como se ordeña unha vaca e como é o traballo da granxa día a día.
Degustacións de iogures e xeados para probar o delicioso produto que producen as nosas vacas, que saen a pastar todos os días e son ecolóxicas, e por iso está taaaan rico.
¿Máis? Por suposto que temos máis! Poderás cruzar o famoso Paso de Vaca e participar nun sorteo de lotes de produto de Xanceda.
Para participar o único que terás que facer é sacarche unha foto no Paso de Vaca de Coruña e subila á túa Instagram mencionando a @xanceda e o hashtag #PasodeVacaCoruña.
Este mesmo sorteo tamén o faremos no Paso de Vaca de Arzúa e podes consultar as Bases Legais para ambos os concursos aquí.
Como vos comentamos no artigo anterior, esta fin de semana estaremos presentes tanto en BioCultura como en Arzúa. Mañá, sábado 29 de febreiro, inauguraremos o Paso de Vaca de Arzúa, o 5º galego!
Contaremos cunha invitada moi especial e que nos fai moita ilusión: Benedicta Sánchez, gañadora ao Goya a Actriz Revelación 2020.
Xa tes os plans feitos para esta fin de semana: Festa do Queixo en Arzúa e Feira de BioCultura en Coruña, ves? Nós estamos a desexar vervos a todos polas nosas casetas gozando do noso produto, experiencias e actividades. Esperámosvos!
Este sitio web utiliza cookies para mejorar su experiencia mientras navega por el sitio web. Fuera de estas cookies, las cookies que se clasifican según sea necesario se almacenan en su navegador, ya que son esenciales para el funcionamiento de las funcionalidades básicas del sitio web. También utilizamos cookies de terceros que nos ayudan a analizar y comprender cómo utiliza este sitio web. Estas cookies se almacenarán en su navegador solo con su consentimiento. También tiene la opción de optar por no recibir estas cookies. Pero la exclusión voluntaria de algunas de estas cookies puede afectar su experiencia de navegación.