Que é Paso de Vaca?


Paso de Vaca é moito máis que unhas manchas de vaca pintadas no chan. Literalmente, é o cambio do paso de peóns ao Paso de Vaca, pero o transfondo é moito maior. Paso de vaca é a forma de acordarnos dunha parte tan nosa que non se merece pasar desapercibida: o rural galego.
Este video resume a experiencia do el primeiro Paso de Vaca da historia, en A Coruña. Axúdasnos a repetilo?

A iniciativa de Paso de Vaca


Naceu, primeiro, como unha iniciativa que pretendía reivindicar o rural e a vaca como símbolos de Galicia. E non só en Galicia, senón en calquer cidade ou vila que desexe homenaxear ao seu rural, alí tamén debería haber un Paso de Vaca!. Porque quizais non somos conscientes, pero as vacas para Galicia son un elemento cultural e forman parte tanto como a muiñeira, a “morriña” ou o polbo.

Existen moitos motivos para ter un Paso de Vaca.

6 boas razóns para un Paso de Vaca


  1. Porque Galicia é o territorio que máis leite produce de toda España e o décimo no ranking europeo.
  2. Porque as vacas forman parte da nosa cultura, da nosa tradición e da nosa paisaxe somos case tres millóns de galegos e case un millón de vacas!
  3. Porque o rural galego sofre un gran despoboamento, e son sectores, como o leiteiro, o que mantén vivas moitas das nosas aldeas.
  4. Porque máis de 8400 familias dedícanse directamente á produción de leite en Galicia e podemos multiplicar por dous ou por tres os postos indirectos que xera.
  5. Porque os pasos de vaca pódense converter nun símbolo das nosas cidades e pobos, como homenaxe a gandeiros, vacas, agricultores, e que sirva para contar un pouquiño da nosa historia e cultura.
  6. Para reivindicar o consumo de produtos locais e a un prezo xusto, que permita manter un rural vivo.

Axúdanos a conseguir un Paso de Vaca en cada ciudade e concello


Se te queres unir ao movemento de Paso de Vaca tes dúas formas de axudarnos:

1. Asinando a petición en change.org

ChangeOrg

2. Enchendo o formulario de...