Desde o día 7 de novembro, miles de persoas cruzaron o Paso de Vaca instalado en IFEMA, o primeiro Paso de Vaca en Madrid 🐄!!! O paso está enfronte á caseta de Casa Grande de Xanceda na feira de Biocultura, en IFEMA.
Este Paso de Vaca é o primeiro que chega á capital, e está a levantar gran interese e expectación, como xa fixeran no seu día os primeiros instalados en diferentes concellos galegos. Miles de persoas están a achegarse a coñecer de primeira man esta iniciativa que ten como obxectivo a posta en valor do rural e a importancia do sector lácteo dentro da economía española e especialmente na galega.
Desde Casa Grande de Xanceda achegamos un anaco Galicia a Madrid e durante este finde de semana estamos a mostrar como é o noso día a día, por iso dentro da nosa caseta estamos a levar actividades mOooi divertidas! Por exemplo a nosa experiencia de realidade virtual coas lentes 3D, grazas ás que os visitantes poden ver como as nosas vacas aliméntanse libremente nos nosos prados ecolóxicos e pásanllo en grande!
Ademais, entre todos os que participedes nesta actividade, tedes agasallo!!! Esta bolsa vaca tan chula!!!
Outra das experiencias da que poderán gozar os que se acheguen á caseta é do muxido grazas á nosa vaca junior. Os máis pequenos poderán descubrir e adestrar como ordeñar unha vaca.
Ademais, entre todos os asistentes durante os días da feira imos celebrar un sorteo nas nosas redes sociais!!! entre todos aqueles que vos fagades unha foto e subádela co hashtag # pasodevacamadrid. O premio serán 20 lotes de merchan dos nosos produtos. Dáche présa! Tes ata mañá para participar! 😁
Ten en conta que as stories non serven para participar no concurso, e que os perfís deben estar públicos para que podamos contabilizar a túa foto no sorteo.
DESCARGA AQUÍ AS BASES DO CONCURSO > BASES LEGAIS SORTEO PASO DE VACA MADRID
Deixámosche este vídeo co que poderás ver!
Ahhh e muUuy importante!!! Poderás degustar os nosos iogures, xeados e queixo ecolóxicos!!!
Xa tes plan para esta fin de semana, se estás na capital!!! Esperámosche!!! 😊
Desde Xanceda continuamos coa campaña para seguir poñendo en valor o rural, e por iso queremos ter un Paso de Vaca en cada pobo! Pobos e cidades de toda España, son o noso obxectivo! É por este motivo polo que desde a nosa web www.pasodevaca.com ofrecémosche a oportunidade de que che poidas unir á nosa iniciativa, como? MUUUY FÁCIL! Só tes que encher este formulario e en breve poñerémonos en contacto contigo para dicirche cales son os seguintes pasos a seguir.
Seguimos tamén a nosa iniciativa en change.org na que máis de 1000 persoas uníronse á nosa petición de que queremos cambiar os pasos de peóns por pasos de vaca!
Esperamos que che unas á nosa iniciativa e que che unas á nosa cruzada de recoñecer o valor do rural 🙂
Este sitio web utiliza cookies para mejorar su experiencia mientras navega por el sitio web. Fuera de estas cookies, las cookies que se clasifican según sea necesario se almacenan en su navegador, ya que son esenciales para el funcionamiento de las funcionalidades básicas del sitio web. También utilizamos cookies de terceros que nos ayudan a analizar y comprender cómo utiliza este sitio web. Estas cookies se almacenarán en su navegador solo con su consentimiento. También tiene la opción de optar por no recibir estas cookies. Pero la exclusión voluntaria de algunas de estas cookies puede afectar su experiencia de navegación.