Por que son necesarias as iniciativas de Paso de Vaca e Dá o paso? que supoñen? que perseguen? No artigo de hoxe quixemos facer un repaso a eses datos tan preocupantes e desoladores sobre o despoboamento do rural en Galicia.
Gustaríanos tamén destacar que este non é un problema que só concierna a Galicia, senón a toda España. A xa coñecida como a “España baleirada” é un problema que a todos nos concierne e preocupa. Hoxe centrarémonos sobre todo en Galicia, porque é a nosa terra e tócanos máis de preto, sobre todo porque o vivimos cada día.
Para empezar a contextualizar o problema, tentamos pescudar cando aparece e como o fai. En 2013 Alberto José Pazo Labrador e María Pilar Moragón Arias publican un estudo sobre o “Despoboamento e desertificación demográfica en Galicia”, pola Universidade de Vigo, no que analizan como evolucionou o despoboamento en Galicia.
Grazas a este estudo detectan que a maior cantidade de despoboamento produciuse entre 1950 e 2000, nas catro provincias galegas. Nas imaxes adxuntas a cor negra representa todas as áreas que, durante ese período, sufriron un 50% ou máis de decrecemento da súa poboación.
Na etapa do 2000-2011 sufriuse unha consolidación desta tendencia. A xente que se fora, non volveu, polo que todos eses territorios continuaron estando despoblados ou perdendo habitantes.
En 2016 en Galicia había 30 municipios con menos de 1.000 habitantes, limiar que sitúa a un municipio en risco de extinción, segundo a Federación Española de Municipios e Provincias, a través da súa Comisión de Despoboamento.
A este problema súmaselle outro que é o da conciencia colectiva do problema, que é bastante baixa. Un exemplo diso é a manifestación celebrada en 2019 en Madrid con motivo da “España baleirada”. A este evento acudiron máis de 80 organizacións, dos cales tan só dúas estaban arraigadas a Galicia.
Este ano, con motivo da pandemia mundial do Coronavirus, moita xente decidiu abandonar as cidades e trasladarse, na medida do posible, aos arredores. Por que? Por unha cuestión de calidade de vida que, cada vez máis, vese prexudicada nas cidades. Máis xente, máis tensión, máis contaminación, máis présas…un estilo de vida que, a moitos, non acaba de convencer. Pero aínda así, cremos que esta non debe de ser a única solución. A xente ten que querer vivir no rural por todas as vantaxes que iso ten, pero temos que conseguir que queden por máis motivos e que participen do mesmo.
Para atallar este problema existen moitas posibles solucións, todas elas igual de válidas. No estudo anteriormente mencionado falan da necesidade, por exemplo, de que todos os habitantes, dá igual onde vivan, poidan gozar das mesmas oportunidades na oferta de servizos básicos.
A propia iniciativa de Paso de Vaca ten como obxectivo poñer en valor o rural, como parte indispensable para a economía galega. Lembremos que máis de 8.400 familias viven directamente da produción de leite en Galicia e que, á súa vez, somos o décimo territorio que máis leite produce de toda Europa, o primeiro de España.
Dá ou paso vai un pouco máis aló. Dá ou paso busca animar aos mozos para emprender no rural, para que queden nel e déanlle vida e que formen parte do contexto socio-económico, querendo desenvolver os seus proxectos profesionais no rural.
Esta solución pasa por conseguir que sexan os propios mozos quenes vexan ese potencial no rural que nós vemos e que queiran facelo crecer grazas aos seus proxectos.
Seguiremos loitando polo rural galego e por todas esas familias que viven nel e danlle vida.
Este sitio web utiliza cookies para mejorar su experiencia mientras navega por el sitio web. Fuera de estas cookies, las cookies que se clasifican según sea necesario se almacenan en su navegador, ya que son esenciales para el funcionamiento de las funcionalidades básicas del sitio web. También utilizamos cookies de terceros que nos ayudan a analizar y comprender cómo utiliza este sitio web. Estas cookies se almacenarán en su navegador solo con su consentimiento. También tiene la opción de optar por no recibir estas cookies. Pero la exclusión voluntaria de algunas de estas cookies puede afectar su experiencia de navegación.
Este sitio web utiliza cookies para mejorar su experiencia mientras navega por el sitio web. Fuera de estas cookies, las cookies que se clasifican según sea necesario se almacenan en su navegador, ya que son esenciales para el funcionamiento de las funcionalidades básicas del sitio web. También utilizamos cookies de terceros que nos ayudan a analizar y comprender cómo utiliza este sitio web. Estas cookies se almacenarán en su navegador solo con su consentimiento. También tiene la opción de optar por no recibir estas cookies. Pero la exclusión voluntaria de algunas de estas cookies puede afectar su experiencia de navegación.